La gata de la lonja…

blog de Jessica Bensa

FÁLAME EN GALEGO!

 dsc03285.jpg     

       No mes de xullo tiven a oportunidade de asistir ao “XX curso de Lingua e cultura galega para estranxeiros e españois de fóra de Galicia” organizado polo Instituto da Lingua Galega. Foron tres semanas en Santiago de Compostela compartindo con xente de máis de 130 nacionalidades e gozando desa fermosa cidade, da amabilidade da súa xente, da súa cultura e da súa incomparable cociña.

      Para min foi unha experiencia inesquecible…..vivir nun piso que compartía ca miña ”compi” Carmiña, xusto arriba da praza de Santo Agustiño  e gozar todos os dias ao regresar de clase, da variedade de cores, cheiros e sabores do mercado de abastos. Pasear polas rúas de Santiago, sufrir coas complicacións da gramática galega, ler a Castelao, aprender de Rosalía de Castro, escoitar  “alalás” e  música de gaitas, visitar as Fragas do Eume ou as Rías Baixas, facer xogos na clase práctica con Inma(como aquela vez en que formamos o equipo dos “Mexillons” e os “Fálame en Galego” para xogar  tabú) ou simplemente gozar dos momentos do café con Ana, a nosa profesora de teoría…

       Foron todos días inesquecibles, pero quizais o mellor de todo foi a oportunidade de coñecer  tantas persoas especiais como Carmen, Claudia, Marta, Elena,  Gigi, Andrea, Valeska, Luis, Teodora, Zach, Cristina, Jamyle, Ana Kelly, Joe, Lalita, Eva, Pablo, e tantos outros compañeiros que non  alcanza o espazo para enumerar aquí, pero que sempre recordarei con moito cariño, así como a toda a xente do Instituto da Lingua Galega, especialmente a Malores e  Manuel González quen co seu cariño e eficiencia lograron transmitirnos o amor por esa lingua e cultura tan rica e marabillosa que teñen os galegos. Galicia é sen dúbida unha terra hospitalaria, onde a xente sente integrada e acollida a pesar de vir de fóra e sen importar a súa nacionalidade, é unha terra máxica á que grazas a Dani e a súa familia tiven a sorte de achegarme e coñecer a fondo….

Septiembre 1, 2007 Publicado por Jessica Bensa | Cultura, Galicia, Turismo | | Aún no hay comentarios